Deja un comentario

Noticias sobre Oriente Bíblico

Oriente está más cerca de lo que pensamos, y si nó que se lo digan a nuestros compañeros y amigos Celso R. Cao, Alicia Colmenero y Luis Cordeiro.

Hace algunos años el arqueólogo Celso R. Cao descubria un mitreo, lugar donde se le rendía culto al Dios Invicto Mitrha.

Si os apetece descubrir los “misterios” del mitraismo podeis pasaros por la Vicerrectoria de la Universidad de Santiago en Lugo.

Para que abrais boca os dejamos una pequeña noticia que publica la USC junto con una imágenes de Celso R. Cao y una infografía de Alicia Colmenero.

Para saber más:

http://varjournal.es/doc/varj03_005_20.pdf

Mitreo_2 Mitreo_1

A Virtual Archaeology Review publica o proxecto audiovisual

‘A Domus do Mitreo de Lucus Augusti’

Os arqueólogos Alicia Colmenero e Celso R. Cao desenvolveron este programa de aplicación de novas tecnoloxías par a documentación e difusión do patrimonio

O proxecto audiovisual ‘A Domus do Mitreo de Lucus Augusti’, desenvolvido polos arqueólogos Alicia Colmenero e Celso Rodríguez Cao a través da aplicación de novas tecnoloxías para a documentación e a difusión do patrimonio, mereceu o recoñecemento científico da Sociedade Española de Arqueoloxía Virtual, que logo de coñecer a produción audiovisual no marco dun congreso celebrado o pasado ano en Sevilla, optou por incluír este traballo entre os contidos da súa revista internacional Virtual Archaeology Review (VAR).

Alicia Colmenero e Rodríguez Cao, do mesmo xeito que o resto dos membros que conformaron o equipo multidisciplinar que participou na elaboración deste documento, que posibilita facer un percorrido virtual polo xacemento arqueolóxico descuberto nos traballos de escavación feitos no solar sobre o que se levantou a Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, un achado que se estende sobre unha superficie de preto de 600 metros cadrados e que revela a presenza de elementos arqueolóxicos datados entre o século un antes de Cristo e o século IV da nosa era.
As primeiras pescudas desenvolvidas polo equipo de Celso Rodríguez Cao demostraron evidencias da ocupación deste espazo e das súas inmediacións desde a época alto imperial (27 a.C.- 284 d.C.). Así apareceron signos do trazado dunha gran Domus, conformada por unha planta baixa con patio de lousa e un primeiro andar. A esta estrutura primoxenia engadiríaselle na época Baixo Imperial (284 d.C-476 d.C.) outros “ámbitos privados” acordes co status do señor da casa, o centurión G. Victorius Victorius, tamén relacionado coa construción doutro edificio anexo, identificado por Celso Rodríguez Cao como mitreo ou lugar de culto ao deus Mitra.
Este edificio de culto, de estrutura sinxela e conformado por unha nave central bordeada por cinco pilastras e en cuxa cabeceira se atoparon anacos dunha estatua de bronce e unha ara dedicada ao deus Mitra, fai pensar aos investigadores que a Domus do Mitreo de Lucus Augusti é un dos poucos monumentos mitraicos de España que se poden datar con fiabilidade no século III despois de Cristo e que se mantén funcional ao longo do século IV, cando a domus se verá drasticamente afectada pola construción da muralla e da súa calzada interior logo de, a priori, ser obxecto de expropiación.
Apoiados nas conclusións deste estudo teórico, os investigadores comezaron o proceso de recreación virtual en 3D tanto da domus como do lugar de culto anexo, un templo no que, do mesmo xeito que noutros lugares de España, a recreación do deus Mitra responde a unha escena de tauromaquia, na que o deus Mitra aparece cun xeonllo sobre o touro e en disposición de sacrificar o animal.
O documento audiovisual ‘A Domus do Mitreo de Lucus Augusti’ é unha síntese do traballo de campo e a investigación feita sobre este xacemento romano da capital luguesa en aras a unha maior difusión deste relevante achado patrimonial, segundo Celso Rodríguez Cao. Este arqueólogo precisou que o seu equipo completará esta primeira achega documental e informativa con outro tipo de material complementario tanto do xacemento en particular como da súa contorna.
Rodríguez Cao explicou neste senso que esta documentación estará incluída nunha obra máis completa que está a editar a Universidade de Santiago de Compostela e na que, entre outro material complementario,  tamén se incluirán estudos e datos sobre a planimetría da catedral de Lugo, do seu cemiterio contiguo, da muralla e das súas fases de edificación…
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: